WhatsApp Image 2023-11-08 at 11.02.07 (1) (1)
Celtismo

A Peña Troita Celeste celebra o seu nacemento xunto a Renato Tapia e Hugo Sotelo

RC Celta

O celtismo está de celebración porque naceu unha nova peña: Troita Celeste. Un gran acontecemento que non quixeron perderse Renato Tapia, Hugo Sotelo e Fernando Rodilla (ex xogador e conselleiro do club), os cales se achegaron a Sigüeiro para festexar coa o rededor dun centenar de persoas o crecemento da familia RC Celta.

Fotografías, autógrafos e preguntas dos máis pequenos asolagaron o municipio coruñés nunha tarde para o recordo.

O club quere felicitar á nova agrupación e agradecer o seu afecto e apoio. É todo un orgullo seguir crecendo xuntos. Grazas, celtistas.

 

 

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas