20230103_RCCeltaVsBetis_PartidoXoan_aficion, previa_83
Celtismo

Todo o celtismo xunto en Copa: Información de accesos e entradas para o partido contra a Real Sociedad

RC Celta

COMPRA AQUÍ AS TÚAS ENTRADAS

O vindeiro martes 23 de xaneiro, ás 21:30 horas, disputarase o RC Celta – Real Sociedad en Abanca Balaídos, correspondente aos cuartos de final de Copa del Rey.

Acompaña ao equipo neste importante partido e xuntos loitar por estar en semifinais!

Acceso dos abonados, partido incluído no seu abono

Os abonados que queiran acudir a este partido poderán facelo co seu carné e á súa butaca, como habitualmente fano nos partidos de LaLiga

Preferencia de compra e desconto de ata un 25% para os abonados que queiran levar a un acompañante.

Os abonados que queiran comprar unha entrada adicional para un acompañante (nas zonas e localidades dispoñibles), poderán facelo con preferencia ata este sábado 20 de xaneiro ás 18:00 horas.

Poderán comprar a entrada para un acompañante con un desconto de ata o 25% sobre o prezo de público xeral a través da nosa web, polo que poderán comprar entradas desde tan só 15 €.

Para beneficiarse desta promoción, os abonados tan só terán que acceder á venda en liña de entradas, seleccionar unha localidade e introducir a súa IDE e PIN  na pestana “Aplica as túas promocións e descontos”.

Cesión de abonos

Queremos que o estadio sexa unha auténtica caldeira, polo que, para este partido, se es abonado e non podes acudir, poderás utilizar o servizo de cesión de abonos.

Se non podes vir, cede o teu abono e que outro celtista anime por ti!

Más información da cesión de abonos desde aquí.

Entradas de público xeral para Celtistas

Os Celtistas que queiran comprar entradas para este partido, poderán acceder á compra para partir do sábado 20 de xaneiro ás 18 horas a través da nosa web desde 20 €.

Vémonos. Ala Celta!

COMPRA AQUÍ AS TÚAS ENTRADAS

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas