Imágen genérica de cabecera RC Celta

2. ABONOS MIUDIÑOS (EXCLUSIVO PARA NENOS MENORES DE 5 ANOS)

A continuación indicamos todos os pasos necesarios para solicitar a alta dun abonado miudiño:

 

1. SOLICITUDE DE ALTA

Para solicitar a alta debe escribir un correo a [email protected] indicando:

Datos do solicitante: Nome, apelido, DNI e o ID do abonado.
Datos do miudiño: Deberá adxuntar un documento (partida de nacemento ou libro de familia) onde se vexa a data de nacemento e os datos do menor.
Unha vez feita a solicitude, o Club contactará con vostede para indicarlle cómo proceder.

 

2. COTA DE ALTA

Para a temporada 23-24 non existe cota de alta para o Miudiño, será un carné gratuito pero ten que ir asociado a un abonado adulto (padre, madre ou tutor).

 

3. PERÍODO DE SOLICITUDE ALTA

O carné Miudiño pode ser solicitado durante toda a temporada ata cumprir os 5 anos de idade.
Se acaba de nacer pode solicitarse o mesmo día do seu nacemento aportando o certificado do mesmo.

 

4. ACCESO AOS PARTIDOS

O Miudiño poderá acceder a todos os partidos de forma xeral á zona que lle corresponda a condición de que o club non comunique o contrario por razóns operativas, de aforo ou seguridade.

 

5. DEREITO A SOLICITUDE DE ASENTO

Debido ao aforo actual e ao ter acceso a todos os partidos, só se permitirá esa petición cando lle corresponda por idade e cambio de categoría (5 anos).

3. Bandeiras de campo

Se es abonado do RC Celta de 15 anos ou menos de idade, tes a posibilidade de participar nunha experiencia única ondeando a bandeira do club á saída dos xogadores nun partido mentras soa o Himno do Centenario. Anótate xa!

Cada partido, o RC Celta elixirá por sorteo a un grupo de abonados para poder participar ata completar a cota máxima. Esta experiencia é exclusiva e de balde para os nosos abonados.

4. Celta Escolas

Visitas colexios a Museo + Tour

Goza dunha visita moi especial polo Estadio Abanca Balaídos a centros educativos e clubs deportivos.

Esta actividade permite aos nenos e nenas de entre 5 e 14 anos coñecer o emblemático estadio do conxunto galego. Unindo o fútbol e a tecnoloxía, poderán sentir unha experiencia nova que espertará sensacións únicas, co obxectivo de fomentar e achegar o deporte en idades temperás.

Ademais de coñecer os recunchos máis inéditos do Estadio Abanca Balaídos como os vestiarios, a sala de prensa, o mítico túnel de xogadores e o recentemente inaugurado Museo Centenario, os nenos e nenas poderán gozar dunha experiencia inmersiva e vivir desde dentro o fútbol profesional grazas ás lentes de realidade virtual.

Reserva a túa visita aquí: https://bstadium.es/tours-originales/celta-escolas-tour-abanca-balaidos/

Xincana Infantil

Coñece o estadio do RC Celta dun xeito innovador e divertido a través desta Xincana Infantil

A opción ideal para gozar en familia, reunir aos amigos, celebrar o aniversario do teu fillo/a ou un plan moi divertido para a súa clase escolar. Todo isto dentro do templo celeste!

Ademais de pasar por zonas exclusivas do Estadio Abanca Balaídos, esta versión especial do Tour contará con diferentes actividades recreativas para facer aínda máis emocionante a visita!

Máis información e reservas aquí: https://bstadium.es/tours-originales/gymkanal-estadio-abanca-balaidos/