O RC Celta foi recoñecido polo seu labor de sustentabilidade social nos premios de Responsabilidade Social Empresarial que se entregaron este martes en Santiago de Compostela. Germán Arteta, director da Fundación Celta, xunto con Sonia García, directora financeira do club, foron os encargados de recoller este recoñecemento.
Enmarcados na Estratexia Galega de Responsabilidade Social Empresarial 2023-2025, a súa base céntrase en alcanzar o máximo crecemento sostible, ético e equilibrado da entidade, mediante a integración plena da dimensión económica, social e ambiental en cada estratexia, proceso e elemento da súa cadea de valor. No caso do RC Celta, entre os criterios considerados para a concesión deste galardón, tivéronse en conta aspectos tales como o ámbito laboral-económico, a creación de emprego de calidade, a redución de taxas de absentismo inxustificados, as políticas de dixitalización implementadas, os plans de igualdade existentes e a presenza de mulleres en órganos de goberno, entre outras cuestións reseñables.
Para o RC Celta este galardón supón un importante recoñecemento ao desenvolvemento integral da sustentabilidade empresarial dentro de Galicia o cal é un motivo de orgullo para toda a familia celeste.