As últimas dúas xornadas de LALIGA EA SPORTS, que se desenvolveron no estadio Abanca Balaídos, volveron reunir a miles de corazóns celestes vibrando por un mesmo sentimento. No encontro ante o Atlético de Madrid, do pasado xoves, 21.533 afeccionados acompañáronnos; e no partido do domingo ante o Girona FC, foron 21.347. Sen dúbida, unha paixón e unha afouteza que sempre está a acompañar ao equipo e anímalles a ser máis fortes. Ademais, foron dúas xornadas únicas e moi especiais nas que xuntos celebramos os 500 partidos oficiais de Iago Aspas no RC Celta.
A maior fortuna do club é contar cunha afección tan chea de AFOUTEZA e CORAZÓN que está sempre ao seu lado, e é un enorme orgullo saber que, xornada a xornada, estades aí apoiando aos nosos.
Como piar fundamental deste club, o voso alento e calor é o que lle dá vida a Abanca Balaídos, por iso a continuación tedes a galería coas mellores fotos das bancadas destes dous encontros, nas que seguro atoparedes algunha cara coñecida.