20240823_CELTA_VALENCIA_PiruletaVermella_previa_171
Celtismo

Prepárate para vivir un adeus para a historia: Grazas Gol!

RC Celta

20240823_CELTA_VALENCIA_PiruletaVermella_previa_171

O vindeiro venres, Abanca Balaídos vivirá un momento para a historia. A Bancada de Gol despedirase tal e como a coñecemos para deixar paso a un proceso de remodelación que traerá consigo un novo e moderno estadio Abanca Balaídos.

Un adeus moi emotivo para o que o RC Celta está a preparar unha serie de accións que converterán esta xornada nun día único e inesquecible.

Por unha banda, todos os abonados da Bancada de Gol maiores de 7 anos, terán a oportunidade de ser os abanderados na previa do partido deste venres ante CA Osasuna. Para anotarse tan só deberán encher este formulario antes do mércores, 19 de febreiro, ás 17:00h. No caso de que os solicitantes superen as prazas dispoñibles, procederase á realización dun sorteo entre todos os interesados.

Por outra banda, todos o Carné Celtistas (en calquera das súas modalidades) terán a oportunidade de realizar unha última visita polas recunchos da Bancada de Gol. Realizaranse 15 grupos, de ata 25 persoas cada un, que realizarán o seguinte percorrido: entrada pola porta do almacén, visita aos antigos vestiarios, saída polo túnel antigo, media lúa de Gol, visita á antiga sala de xuntas e saída pola porta interior xunto a despacho de billetes 0. As visitas, cuxa duración será de 20 minutos, comezarán ás 11:00 horas e a última realizarase ás 16:40 horas (cun parón de 14h. a 15h. para comer). Todas aquelas persoas interesadas poderán inscribirse nun dos 15 formularios dispoñibles, un por cada franxa de horario, antes do mércores, 19 de febreiro, ás 17:00h. A praza é única, non inclúe acompañante.

Horarios de visitas: 

1. Quenda das 11:00h – 11:20h
2. Quenda das 11:20h – 11:40h
3. Quenda das 11:40h – 12:00h
4. Quenda das 12:00h – 12:20h
5. Quenda das 12:20h – 12:40h
6. Quenda das 12:40h – 13:00h
7. Quenda das 13:00h – 13:20h
8. Quenda das 13:20h – 13:40h
9. Quenda das 13:40h – 14:00h
Descanso de 14:00h. a 15:00h.
10. Quenda das 15:00h – 15:20h
11. Quenda das 15:20h – 15:40h
12. Quenda das 15:40h – 16:00h
13. Quenda das 16:00h – 16:20h
14. Quenda das 16:20h – 16:40h
15. Quenda das 16:40h – 17:00h

Xuntos despediremos a Bancada de Gol ao grande, porque isto é só o comezo dunha serie de sorpresas que o RC Celta está a preparar para converter este adeus nunha xornada que quedará marcada para a historia no corazón e a memoria de miles de celtistas.

Grazas, Gol!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas destacadas

Noticias recomendadas