Iago Aspas continúa agrandando a súa lenda. O eterno capitán do RC Celta sumou unha nova xesta ante o Atlético de Madrid ao anotar no Riyadh Air Metropolitano o seu gol número 162, un tanto co que o de Moaña deixou a súa marca en 28 dos 30 estadios nos que xogou como visitante.
Desde o seu primeiro gol a domicilio ante o Granada CF no estadio Nuevo Los Cármenes, Iago Aspas forxou unha traxectoria eterna deixando pegada en practicamente toda a xeografía española o que subliña o seu talento e olfacto goleador.
Un récord de lenda só á altura dun futbolista co carácter e a determinación de O Rei das Bateas que desta maneira iguala a Samuel Eto’o como o décimo oitavo goleador histórico de Laliga.
Uns datos que resaltan a Afouteza e Corazón dun xogador que é emblema e alma para o conxunto celeste e que este venres, na previa do RC Celta – CA Osasuna, recollerá o seu noveno premio Manuel de Castro Hándicap polo seu incrible rendemento.
Sinónimo de orgullo celeste, Iago Aspas segue escribindo unha historia interminable de amor por este escudo que leva cravado no peito.
Parabéns, capitán!