A Bancada de Gol, escenario de tantos recordos, despediuse este venres, tal e como a coñecemos, no partido entre o RC Celta e o CA Osasuna. Unha noite chea de emoción e nostalxia na que a única parte que quedaba do vello Abanca Balaídos viviu o seu último baile cunha importante vitoria ante o conxunto navarro. Bágoas e abrazos por un adeus que trisca o corazón de todo o celtismo polo que supón, pero que é o comezo dun futuro ilusionante que, como sempre, viviremos xuntos.
Ata sempre e grazas, Gol!