O vindeiro mércores, o RC Celta ten unha nova cita moi importante en Abanca Balaídos ante o Villarreal CF na que, como sempre, queremos vivila con toda a nosa xente. Como xa se anunciou hai uns días, debido ás obras que se están levando a cabo na bancada de Gol, o club habilitou unha bancada supletoria para estes últimos partidos da temporada que permitirá que máis afeccionados poidan apoiar ao equipo en casa.
As entradas para esta nova zona xa están á venda AQUÍ a un prezo de 20€ para público xeral e 15€ para todos aqueles afeccionados que teñan o Carné Celtista.
Xuntos empuxaremos ao equipo cara á vitoria. Esperámosvos, afección!