A familia celeste non deixa de crecer. A recente apertura da lista de espera para formar parte do club foi todo un éxito, superando todas as expectativas cun total de máis de 1.600 inscricións en tan só 24 horas, das cales 250 corresponden a novas altas.
Uns datos que consolidan a comuñón tan bonita que se formou entre o club e a afección e que se demostra neste aluvión de rexistros que se efectuaron nas últimas horas. Un éxito que non só reflicte o profundo sentimento celeste senón que reforza a confianza posta no proxecto e os valores que caracterizan ao club.
Desde o RC Celta queremos agradecer de corazón a todos e cada un dos afeccionados polo seu agarimo e compromiso. Para todos aqueles que queiran formar parte desta gran familia, poderedes inscribirvos AQUÍ.
Xuntos seguiremos crecendo. Grazas por estar sempre aí!