20250429_Sesion_PackComuniones_AbancaBalaidos-82
Celtismo

Mañá… Todos ao cole de celeste!

RC Celta

O RC Celta afronta a recta final dunha tempada, o momento máis ilusionante do ano, e ten claro que unha das grandes claves do éxito deste curso, sen dúbida, foi o apoio incondicional da afección.

Por iso, o club quere unirse á iniciativa do celtismo de tinguir Abanca Balaídos de celeste este domingo e busca estendelo a Vigo, Galicia e entre os máis pequenos da familia. Mañá, venres 16 de maio, faise un chamamento a todos os nenos e nenas para que vaian ao colexio vestidos de celeste. O RC Celta quere ver a todos mostrar o seu orgullo polo equipo enchendo as aulas da ilusión que só o celtismo pode transmitir.

A por o último empuxón, o máis bonito. Este venres… Todos de celeste polo Celta!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas