ORGULLO 16X9
Celtismo

A campaña “Orgullo” péchase co 98% de éxito

RC Celta

A campaña de abonados do RC Celta para a tempada 2025/26, baixo o lema “Orgullo”, pechou este xoves o seu período de renovacións cuns resultados excepcionais que confirman, unha vez máis, o inquebrantable apoio da afección celeste.

Un 98% dos abonados renovou a súa praza para a próxima tempada, e deles, un 97% fíxoo ademais co suplemento de Europa, o que demostra a gran ilusión que esperta a próxima campaña entre os afeccionados. Uns datos que reflicten a bonita comuñón que se foi forxando entre o club, equipo e afección nos últimos anos.

A esta cifra engádese o crecente número de seguidores que xa contan co Carné Celtista, aos que se sumaron estes días máis de 1000 novos membros, o que demostra que cada día somos máis e que a paixón por estas cores está presente en calquera recuncho do mundo. Se aínda non formas parte desta gran familia celtista consegue AQUÍ o teu carné desde só 30 euros. Con el, accederás á lista de espera do Carné Celtista Abonado e gozarás de descontos e vantaxes exclusivas, fóra da butaca en Abanca Balaídos.

David González, responsable da área Celtista, valora de forma moi positiva a acollida da campaña: “vese que a xente ten ilusión e ganas desta tempada e da volta a Europa”.

Co peche do período de renovación, comezan agora as seguintes fases:

Cambio de asento ou bancada: do martes 24 ao venres 27 de xuño.
Cobranza dos recibos de renovación: do martes 1 ao sábado 5 de xullo.
Novas altas: do martes 1 ao venres 4 de xullo.
Cobranza do suplemento de Europa: do venres 1 ao xoves 7 de agosto.

O RC Celta celebra o éxito que tivo a campaña e agradece de todo corazón á afección polo respaldo que recibe tempada tras tempada, sendo o auténtico motor e alma deste club. Grazas por elixir seguir camiñando ao noso lado. Grazas por ser Orgullo.

Sempre, Celta!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas destacadas

Noticias recomendadas