16-9
Celta Fortuna

César, Iván Garriel e Johan Guedes finalizan a súa etapa no RC Celta

RC Celta

César, Iván Garriel e Johan Guedes non continuarán a próxima tempada no RC Celta, poñendo punto e final á súa etapa no Celta Fortuna.

No caso de Iván e Johan, os xogadores regresan aos seus respectivos clubs de orixe tras finalizar este 30 de xuño as súas cesións na cidade olívica.

Mentres, César desvincúlase do club para iniciar unha nova etapa deportiva tras toda unha vida defendendo dunha maneira impecable os valores que enorgullecen á entidade celeste.

O RC Celta quere destacar a entrega, traballo e compromiso que demostraron ao longo deste curso, e desexarlles o maior dos éxitos nas súas respectivas carreiras deportivas.

Sempre formaredes parte desta gran familia celeste. Grazas!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta Fortuna

Noticias recomendadas