marcosalta
Novas primeiro equipo

Alta para Marcos Alonso e Williot mentres se confirma a lesión de Sergio Carreira

RC Celta

O primeiro equipo do Celta recuperou efectivos nas últimas horas coa reincorporación ao grupo de Marcos Alonso e Williot Swedberg, os cales recibiron a alta médica tras superar as súas respectivas molestias físicas. Ambos os xogadores completaron con normalidade a sesión de adestramento deste martes e estarán dispoñibles para o debut da fase de grupos da UEFA Europa League ante o Stuttgart.

Por outra banda, confírmase a lesión de Sergio Carreira a quen se lle realizou unha resonancia magnética na tarde de onte no Hospital Ribeira Povisa. O xogador sofre unha escordadura de grao I no ligamento colateral externo do seu xeonllo dereito, producido por un movemento forzado durante o encontro ante o Rayo Vallecano disputado o pasado domingo. Neste mesmo partido, Mihailo Ristic tivo que abandonar o terreo de xogo debido a unhas molestias na musculatura isquiotibial da súa perna dereita. O lateral permanece á espera de someterse ás correspondentes probas médicas que determinen o alcance da súa lesión.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas