O partido solidario “Xuntos contra o lume”, celebrado en Abanca Balaídos o pasado mércores 8 de outubro, reuniu a máis de 5.000 persoas volcadas en apoiar a reforestación dos montes ourensáns afectados polos incendios deste verán.
Grazas á venda de entradas, doazóns vía Bizum, dereitos televisivos e camisetas conmemorativas, recadáronse un total de 81.054,12 euros, que se destinarán íntegramente á recuperación destas zonas.
O Celta só ten palabras de agradecemento para todos os que estiveron no estadio, para quen achegou desde lonxe e para quen lucirá esta camiseta histórica alá onde vaia. Un agradecemento moi especial que se estende tamén aos patrocinadores do club, TVG, Hummel, Onebox, Arco13, Aptia, Ambulancias Rías Baixas, ICP, Gaevi, LaLiga, Cantinas Celta, EVenTiño’s, New Events e Vodea, cuxo apoio foi clave para facer posible esta cita solidaria.
O 8 de outubro de 2025 quedará gravado para sempre na memoria de Galicia grazas á colaboración dunha afección que volveu reflectir os valores que identifican ao club: a unidade, a solidariedade e un profundo compromiso coa comunidade.
Grazas.