16-9
Primeiro Equipo

Bryan Zaragoza pon fin á súa etapa como celeste

RC Celta

O Celta e o Bayern de Múnic chegaron a un acordo para a finalización da cesión de Bryan Zaragoza. Desta maneira, o extremo malagueño pon fin á súa etapa como xogador celeste tras chegar a Vigo o pasado verán.

Durante o seu paso polo Celta, Bryan disputou un total de 19 partidos en Laliga, superando os 1.100 minutos de xogo, nos que anotou un gol de penalti e deu unha asistencia. Ademais, participou tamén en 7 encontros da UEFA Europa League, onde sumou un tanto ante o Bologna FC e repartiu 3 asistencias.
O Celta quere agradecer a Bryan a súa achega durante estes meses defendendo a camiseta celeste, e deséxalle o maior dos éxitos nos seus novos retos deportivos.
Grazas, Bryan!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas