
O vindeiro xoves 12 de marzo ás 21:00 horas, Abanca Balaídos vivirá unha desas noites para o recordo. O Celta recibe ao Olympique de Lyon no partido de ida dos oitavos de final da UEFA Europa League.
Un duelo europeo para o cal as entradas xa están dispoñibles no Portal do Celtista, cun período exclusivo de 24 horas para Carné Celtista. Unha vez finalizado ese prazo, as localidades poñeranse á venda para o público xeral a través da web oficial do club e nos despachos de billetes do estadio. Os prezos parten desde 35€ para celtistas e desde 40€ para o público xeral.
Será unha noite máxica e tamén decisiva. Por iso, Balaídos ten que vibrar como nunca antes e converterse nunha auténtica caldeira. Equipo e afección, unidos para seguir deixando pegada en Europa. Esperámosvos, celtistas!