
Este fin de semana o filial celeste afronta unha cita ilusionante e de máxima esixencia co duelo entre o primeiro e o segundo clasificado da categoría. Un choque para o que xa están á venda as entradas e que permitirá ao celtismo ver a xornada 28 de Primeira Federación, que enfrontará ao Celta Fortuna e ao CD Tenerife este venres, 13 de marzo, ás 21:15 horas, en Abanca Balaídos.
O prezo das entradas será de 15 euros e poden adquirirse a través da web do club. Os afeccionados que dispoñan do Carné Celtista en calquera das súas modalidades (Celtista, As Celtas, Colaborador ou Abonado) poderán acceder ao estadio co seu carné, sen necesidade de comprar unha entrada adicional.
O club espera que todo o celtismo estea a apoiar ao filial este venres, para arroupar ao equipo e vivir xuntos un partido importante que promete moito. Vémonos, afección!