16-9-4
Celtismo

15 de abril, último día para conseguir o teu Carné Celtista

RC Celta

O Celta anuncia a todo o celtismo que o próximo 15 de abril, inclusive, será o último día para obter o Carné Celtista na presente tempada. A partir desa data, quen desexe desfrutar dos seus beneficios deberán esperar o lanzamento da seguinte campaña.

O Carné Celtista ofrece numerosas vantaxes, entre as que destacan o acceso á lista de espera para abonos, bonos, descontos en experiencias… así como beneficios exclusivos de patrocinadores. Pero, máis aló de todo iso, representa a oportunidade de comezar a sentir desde dentro estas cores e este escudo. Un sentimento compartido que se fortalece a través dese apoio constante ao equipo e ao club, e que viven en primeira persoa xa máis de 42.300 afeccionados.

O club quere, ademais, expresar o seu agradecemento a todo o celtismo por contribuír a facer esta familia cada vez máis grande, co desexo de que continúe crecendo aínda máis no futuro.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas