
Xa podes conseguir as túas entradas para os partidos do Celta ante o Elche CF e ante o Levante UD, correspondentes á Xornada 34 e 36 de Laliga EA Sports, que se disputarán en Abanca Balaídos, ambos aínda con data e hora pendente de confirmar.
A partir de hoxe mesmo ás 12.00 horas, as entradas destes dous encontros en casa estarán dispoñibles para Carné Celtista entre os 20 e 25 euros. Pasadas as primeiras 24 horas abrirase ao público xeneral desde un prezo de 25-30 euros.
E agora vir a Abanca Balaídos é moito máis que desfrutar dun partido de fútbol. Xa están á venda todas as experiencias para vivir o Celta dun xeito especial, cantar o himno “Oliveira dos Cen Anos” en directo, sentir a paixón da bancada, ver o quecemento sobre o céspede, coñecer todas as reviravoltas do estadio, ser un dos abanderados do encontro ou lanzar penaltis como un dos teus ídolos tras o asubío final. Consulta AQUÍ todas as experiencias únicas coas que desfrutarás do noso templo como nunca antes.
Vémonos, afección, nun inicio de maio cargado de fútbol!