
Xa están á venda as entradas para a xornada 33 de Primera Federación que enfrontará ao Celta Fortuna e ao CP Cacereño este venres, 17 de abril, ás 19:00h. en Abanca Balaídos.
O custo das mesmas será de 15 euros e poderán adquirirse a través da web do Celta. Aqueles afeccionados que teñan o carné celtista en calquera das súas modalidades (Celtista, As Celtas, Colaborador e Abonado) poderán acceder co seu carné sen necesidade de comprar unha entrada adicional.
Imos a por este tramo final da tempada, XUNTOS!