convenio
O Club

Celta e UD Santa Mariña crecerán xuntos

RC Celta

Significativo reforzo no camiño emprendido polo Celta para crecer xunto aos equipos da cidade e a súa contorna. O Celta únese a un dos clubs máis emblemáticos de Vigo, a Unión Deportiva Santa Mariña de Cabral, unha entidade histórica que é referente na formación de xogadores.

A presidenta do Celta, Marián Mouriño; e o presidente de Santa Mariña, Xosé Carlos Blanco; asinaron hoxe un convenio de colaboración que inclúe a este último no elenco de clubs convidos coa entidade celeste, que busca crecer da man dos equipos do fútbol modesto a través de acordos que permitan a mellora das súas infraestruturas e da formación de xogadores mediante a súa promoción ás categorías inferiores celestes.

Este acordo xera unha gran satisfacción para o Celta, xa que o Santa Mariña é un club exemplar no coidado e formación de xogadores, con preto de 500 futbolistas nos seus distintos equipos e que historicamente contou cunha significativa presenza nas categorías inferiores do club celeste.

RC Celta

Etiquetas

Novas club Novas destacadas O Club

Noticias recomendadas