16X9
Novas primeiro equipo

O Celta volverá competir na UEFA Europa League a próxima tempada!

RC Celta

O Celta pecha unha tempada magnífica coa tan ansiada matrícula de honra e volverá competir en Europa o próximo curso. Os de Claudio Giráldez asinan unha clasificación histórica ao repetir presenza continental por segunda vez nos seus case 103 anos de historia.

A próxima campaña o himno da UEFA Europa League volverá resoar en Abanca Balaídos na que será a duodécima participación continental na historia do club.

Unha clasificación que confirma a fortaleza dun proxecto con identidade propia, apoiado no talento Feito na Madroa, o compromiso de xogadores que fixeron seus os valores celestes e a paixón dunha afección que nunca deixou de crer.

Hai un ano, xuntos celebrabamos “Voltar a Europa”. Hoxe, o Celta dá un paso máis conseguindo manterse entre os equipos europeos e demostrando que ese soño compartido volve ser unha realidade.

Deste xeito, Europa volverá tinguirse de celeste e volverá facelo acompañada por miles de celtistas dispostos a seguir soñando xuntos.

Grazas, afección!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas