
Javi Rodríguez foi chamado por Luis de la Fuente para formar parte do grupo de xogadores de apoio que traballará xunto á selección española durante a preparación do Mundial 2026. O defensa formará parte dunha lista de nove futbolistas que se adestrarán co combinado nacional nos primeiros días de concentración.
A convocatoria supón un novo recoñecemento ao crecemento e ao gran rendemento amosado polo canteirán esta tempada, consolidado xa como unha das novas promesas da Madroa. O xogador terá así a oportunidade de traballar ás ordes do corpo técnico da selección absoluta e compartir dinámicas con algúns dos mellores futbolistas do país, entre eles, o seu compañeiro de vestiario, Borja Iglesias.
Con esta chamada, o celeste continúa dando pasos importantes na súa progresión e suma agora unha experiencia de enorme valor na súa carreira deportiva.
Parabéns, Javi, e moita sorte!