Abanca Balaídos acolleu este martes a rolda de prensa de presentación de Aleix Febas, unha primeira comparecencia ante os medios na que o xogador estivo acompañado por Sergio Álvarez e Marco Garcés.
O conselleiro comezou agradecéndolle ao futbolista a súa aposta polo proxecto celeste, destacando que “estamos moi contentos de que Aleix nos queira axudar coa súa experiencia e a súa forma de xogar”. Pola súa banda, o director de fútbol do Celta puxo en valor o encaixe do centrocampista na idea de xogo do equipo, convencido de que “as súas características axústanse perfectamente ao modelo que ten Claudio”.
O novo xogador celeste mostrouse ante os medios “moi contento de estar aquí”, explicando que a ambición do club, o seu crecemento nos últimos anos e a posibilidade de competir en Europa foron claves na súa decisión. Durante a comparecencia tamén falou do interese amosado polo Celta na súa fichaxe, das posicións nas que se sente máis cómodo, da ilusión que lle fai disputar competición europea, da súa etapa no Elche e da súa relación con futbolistas do vestiario celeste como Álvaro Núñez, Borja Iglesias ou Sergio Carreira.
Dálle ao play e non perdas as primeiras palabras de Febas como xogador do Celta.