
A campaña de abonados do Celta para a tempada 2026/27, “Agora e Sempre”, pechou este venres o seu período de renovacións cuns datos que volven demostrar a forza do celtismo.
Un 99% dos abonados renovou a súa praza para a próxima tempada e, deles, un 97% decidiu sumarse tamén ao suplemento de Europa, uns datos que reflicten a ilusión coa que a afección volve afrontar un curso moi especial. Ademais, 926 novos afeccionados sumáronse ao Carné Celtista nos últimos días, confirmando que cada vez son máis as persoas que senten estas cores tanto dentro como fóra de Galicia.
O Celta quere agradecer a toda a afección a súa confianza e apoio. Porque este club crece coa súa xente e grazas á súa xente.
Grazas por seguir aí, tempada tras tempada. Sempre, Celta!