20260804_RP_Presentación_AbdoulayeFaye-12
Novas primeiro equipo

Faye: “Estou listo para dar o máximo de min”

RC Celta

A Cidade Deportiva Afouteza acolleu este martes a presentación oficial de Abdoulaye Faye como xogador do Celta. O senegalés compareceu por primeira vez ante os medios de comunicación acompañado por Antón Álvarez e Marco Garcés.

O conselleiro deulle a benvida ao novo celeste e quixo agradecerlle a súa aposta polo proxecto do club. Pola súa banda, o director de fútbol destacou o potencial do defensa e a confianza que o Celta ten depositada nel. “Únome ás felicitacións. É unha das grandes promesas do fútbol europeo e cremos que nos dará moitas das cousas que buscamos”, afirmou.

Moi ilusionado con este novo reto, Faye asegurou que a súa decisión de vestir esta camisola foi moi sinxela. “Coñezo o Celta desde que era novo. É un gran equipo e encantoume cando me chamaron. Gústame a forma de xogar do equipo e estou moi feliz de estar aquí”, explicou.

O central tamén desvelou que a conversa con Claudio Giráldez foi clave antes de pechar a súa chegada a Vigo. “Falei co adestrador antes de vir e foi unha conversa moi doada. Gustoume moito o que me dixo e pensei: si, quero vir, estou preparado. Agora que estou aquí, a primeira sensación é moi boa. Só me pediu que tivese paciencia e estivese preparado, e sei que o estarei cando chegue o momento de saír ao campo e dar o mellor de min”.

Abdoulaye recoñeceu que cambiar de equipo nunca é sinxelo, que pasou por varios clubs e que “non é doado cambiar de domicilio, pero a ambición por xogar faino máis fácil. E agora estou preparado para achegar o máximo de min”.

Ademais, o defensa confesou o seu interese por seguir aprendendo español. “Aprendín un pouco cando era pequeno e gustaríame seguir mellorándoo. Polo de agora xa sei algunhas palabras como, Sempre Celta!”, concluíu entre sorrisos.

Dálle ao play e non perdas a primeira rolda de prensa de Abdoulaye Faye como celeste.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas