
O Celta e o Genova CFC alcanzaron un acordo para o cesión con opción de compra de Hugo Cuenca, que reforzará a parcela ofensiva do filial celeste nesta ilusionante tempada 26/27.
Nado en Coronel Oviedo, Cuenca formouse no Deportivo Capiatá antes de dar o salto a Europa para incorporarse á canteira do AC Milan. En 2025 fichou polo Genoa e a pasada tempada xogou cedido no Burgos CF, onde continuou acumulando experiencia no fútbol español. Ademais, é internacional absoluto con Paraguai desde 2024.
O mediapunta zurdo, que tamén pode xogar nas bandas grazas á súa capacidade para romper liñas, destaca pola súa visión de xogo e facilidade para asociarse, características que o converten nun futbolista con gran proxección, que achegará creatividade e desequilibrio ao ataque do Celta Fortuna.
O club dálle a benvida ao xogador e deséxalle moitos éxitos nesta estrea en Segunda División.
Benvido, Hugo!