
A RFEF confirmou o calendario do Grupo I da Segunda Federación para a tempada 2026/27. As Celtas iniciarán o seu camiño na competición a primeira fin de semana de setembro, recibindo na Madroa ao Real Avilés Industrial, e pecharán a fase regular a primeira fin de semana de maio, tamén fronte ao conxunto asturiano, pero como visitantes.
Por diante, un curso moi esixente e cheo de desafíos para o equipo dirixido por David Ferreiro, que buscará competir ao máximo nivel desde a primeira xornada.
Podes consultar o calendario completo do conxunto celeste AQUÍ.