20260812_RP_AltayBayindir-2
Novas primeiro equipo

Altay: “Quero medrar e triunfar xunto ao club”

RC Celta

A Cidade Deportiva Afouteza acolleu este mércores a presentación oficial de Altay Bayindir como novo xogador do Celta. O porteiro compareceu por primeira vez ante os medios de comunicación acompañado por José Manuel Amoedo e Marco Garcés.

O conselleiro deu a benvida ao novo celeste e agradeceu a súa aposta polo proxecto do club. Pola súa banda, o director de fútbol destacou o potencial do porteiro e a confianza depositada no Celta. “Creo que nos axuda moito a aumentar a competitividade na posición de porteiro nesta tempada na que afrontamos tres competicións importantes“, afirmou.

Moi ilusionado con este novo reto, Altay explicou os motivos que o levaron a elixir o Celta a pesar de contar con outras opcións. Estou moi emocionado de estar aquí. Desde que cheguei a Italia, todo o mundo me acolleu moi ben, e iso é moi importante para min“, sinalou. O porteiro recoñeceu que as conversas con Claudio Giráldez foron determinantes para tomar a decisión e que desde o primeiro minuto quixo estar aquí, neste proxecto, medrar xunto ao club e triunfar xunto ao club“, engadiu.

Sobre a súa adaptación ao fútbol español, Bayindir mencionou que o sistema é diferente ao que coñecía en Inglaterra, aínda que afronta o cambio con ilusión, emocionado por este reto e por aprender cousas novas. Estou sempre preparado para calquera situación e vou achegar o mellor de min“.

O novo porteiro celeste quixo, ademais, poñer o foco no día a día. Hai que ir paso a paso, pensar no hoxe. Tanto no traballo como na vida, non penso no futuro. Vou pouco a pouco, pensando en facer o que teño que facer en cada momento, no presente“, concluíu.

Dálle ao play e non te perdas a primeira rolda de prensa de Altay Bayindir como celeste.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas