Pablo Meixús, capitán do Celta Fortuna, cóntanos nas horas previas ao debut do filial celeste en LaLiga Hypermotion cales son as sensacións que se respiran no vestiario e recoñece que “temos máis ilusión que nervios“.
Despois do histórico ascenso logrado o pasado 20 de xuño en Abanca Balaídos, xa non queda nada para “afrontar unha tempada histórica que nos fai moita ilusión“. Ademais, Meixús pon en valor o orgullo que supón vivir esta experiencia con moita xente Feita na Madroa.
Non te perdas as súas declaracións completas nas que o equipo xa quenta motores para o seu debut ante o Cádiz CF.
Imos!