
O Celta renderá esta tarde homenaxe a Borja Iglesias nos prolegómenos do encontro ante Osasuna, o primeiro partido da tempada en Abanca Balaídos.
O Panda regresa a casa convertido en campión do mundo coa selección española, un fito histórico que o converte no primeiro xogador do Celta e o primeiro futbolista galego en conquistar o Mundial. Un logro que ben merece o recoñecemento e a gran ovación de todo o celtismo.
O dianteiro celeste saltará ao terreo de xogo coa súa medalla de campión do mundo para compartir este momento coa afección celeste. Ademais, o club faralle entrega dunha placa conmemorativa, que recibirá de mans de Sergio Álvarez, conselleiro do Celta.
A continuación, Borja realizará o saque de honra do Celta-Osasuna, un encontro no que non poderá participar debido á lesión que sufriu hai uns días.
Un campión do mundo que regresa a casa para regalarnos un momento para a historia do Celta.
Un dos nosos.
Parabéns, Borja!