Bernard Soumah xa ten o seu nome gravado na historia do Celta Fortuna. O dianteiro celeste foi o encargado de marcar o primeiro gol do filial en Segunda División, un tanto histórico que abriu a remontada ante o FC Andorra en Abanca Balaídos o pasado luns, ante máis de 6.000 espectadores.
Natural de Ghana, chegou ao Celta na tempada 2024/25 e, aos poucos, foi crecendo na Canteira ata alcanzar o fútbol profesional. Co seu gol ante o Andorra xa son 39 tantos os que suma coa camiseta celeste e, seguro, este último será o máis especial de todos.
Na súa primeira entrevista despois dunha tarde histórica, Bernard Soumah lembra como viviu o gol, agradece o apoio de toda a afección e analiza as claves dun equipo que nunca deixa de crer e que volveu demostrar a súa capacidade para darlle a volta ao imposible.