16-9-30
Novas primeiro equipo

Javi Rodríguez, unha vida de celeste que continúa ata 2030

RC Celta

O Celta e Javi Rodríguez chegaron a un acordo para ampliar a súa vinculación ata xuño de 2030. O defensa renova así o seu compromiso co club que o viu medrar e no que se consolidou como unha peza importante para Claudio Giráldez.

Natural de Poio, Javi chegou á Madroa con tan só sete anos, na categoría Benxamín B. Desde entón superou cada unha das etapas de A Canteira ata alcanzar o primeiro equipo, co que debutou o 1 de novembro de 2023 na Copa del Rey ante o Turégano CF.

A pasada campaña disputou 33 partidos de LaLiga EA Sports, 28 deles como titular, e viviu a súa primeira experiencia continental cunha ducia de encontros na UEFA Europa League. O seu bo facer levouno a recibir o pasado verán a chamada da Absoluta, coa que cumpriu o soño de debutar ante Iraq, antes de que o combinado nacional cruzase o charco para bordar a súa segunda estrela.

E ese nivel mantense neste inicio de curso, no que xa suma catro partidos na competición doméstica e outro en Chipre, que lle permitiron superar os 90 encontros oficiais co primeiro equipo celeste.

Con esta renovación, o Celta reafirma a súa aposta polo talento Feito na Madroa e asegura a continuidade dun futbolista con saída de balón, lectura do xogo e valentía, que representa como poucos os valores de A Canteira.

Parabéns, Javi!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas