equipo
Celta Fortuna

Co corazón no ceo | Burgos CF 2 – 1 Celta Fortuna

RC Celta

Como non podía ser doutro xeito, a xornada 13 de LaLiga Hypermotion arrincou cun nó na garganta en recordo a Jesús de Miguel, xogador do CD Tenerife. O fútbol español decidiu que a mellor homenaxe era manterse unidos, sobre o terreo de xogo e, deste xeito, ambos os equipos saltaron ao céspede coa camiseta do futbolista falecido e realizaron unha ofrenda floral, antes de gardar un profundo minuto de silencio.

Con ese sentimento, o Celta Fortuna afrontou unha nova saída moi esixente volvendo a El Plantío, 5 anos despois, convertido nun auténtico fortín para o Burgos. Os pupilos de Fredi Álvarez chegaban a esta cita condicionados polas numerosas baixas, pero dispostos a competir e demostrar a súa personalidade. E así foi, especialmente nunha primeira metade na que se mostraron sólidos, valentes e capaces de someter por momentos ao conxunto local.

O bo traballo atopou a súa recompensa novamente nas botas de Álvaro Marín. O dianteiro navarro aproveitou unha magnífica acción de Kibet para asinar o 0-1 e sumar o seu oitavo tanto en Segunda División. Un gol que quixo celebrar co corazón no ceo, levantando a camiseta co dorsal 9 de Jesús de Miguel.

Tras o descanso, o Burgos deu un paso adiante e o encontro cambiou de escenario. O Fortuna tivo nas súas mans a oportunidade de ampliar distancias nunha clara acción de contragolpe, pero non conseguiu concretala. Os locais foron crecendo e atoparon o empate antes de que, no minuto 85, unha acción a balón parado acabase decantando o partido ao seu favor.

FICHA TÉCNICA: 

2 – Burgos CF: Cantero; Lizancos, Luengo, Saúl del Cerro (Sergio González, min. 78), Brais Martínez (Vilarrasa, min. 57); Galdames (Javi Llabrés, min. 57), Vencedor, Dadie (Appin, min. 73), Mollejo (Gragera, min. 73); Curro Sánchez e Álex Forés.

1 – Celta Fortuna: Coke Carrillo; Quique Ribes, Seyni Ndiaye (Noah Rodríguez, min. 85), Joel López; Germain Miller (Hugo Cuenca, min. 46), Adrià Capdevila (Stefan Bajcetic, min. 82), Mateo Sobral, Jan Oliveras (Vlad, min. 73); Kibet, Ángel Arcos (Pablo Meixús, min. 73) e Álvaro Marín.

Goles: 0-1, min. 12: Álvaro Marín. 1-1, min. 68: Curro. 2-1, min. 86: Álex Forés.

Árbitro: Pablo Morales Moreno. Por parte do Celta Fortuna, amoestou con tarxeta amarela a Joel López, Álvaro Marín, Adrià Capdevila e Quique Ribes. Mentres que, por parte do Burgos CF, recibiu amarela Mollejo.

Incidencias: Partido correspondente a la joranda 13 de LaLiga Hypermotion disputado no Estadio El Plantío ante 8.222 espectadores. Nos prolegómenos do encontro gardouse un minuto de silencio polo falecemento de Jesús de Miguel e durante o partido, no minuto 9, o xogo detívose para homenaxear ao futbolista do CD Tenerife.

RC Celta

Etiquetas

Celta Fortuna

Noticias recomendadas