O novo técnico chega acompañdo por Pepe Serer, segundo adestrador e Miguel Peiró, preparado físico
Esta mañá tivo lugar a presentación de Abel Resino, novo adestrador do Real Club Celta, na sala de prensa do Estadio de Balaídos. O técnico manchego estivo acompañado polo presidente da entidade céltica, Carlos Mouriño; e polo director deportivo, Miguel Torrecilla.
Abel Resino recoñeceu que vir ao Celta “é un reto difícil”, pero mostrouse convencido de que “tentaremos todo até o último segundo para que este gran club siga gozando da Primeira División do fútbol español”.
O novo adestrador celeste, que chega acompañado por Pepe Serer como segundo e Miguel Peiró como preparador físico, considera que ten “un gran persoal, pero temos que ser un equipo moito máis forte competindo e con máis intensidade”.
Antes da presentación, Carlos Mouriño dedicou un “gran recoñecemento a Paco Herrera. Entregounos moito e queremos agradecerllo”. O presidente da entidade celeste destacou que “non só polo aspecto deportivo, tamén polo humano e persoal, Herrera sempre estará ligado ao Celta”.