Os celestes baleiráronse para sumar un triunfo vital. Iago Aspas e Mario Bermejo, os goleadores.
Partido de alta tensión, de gran ritmo e de enorme importancia para un Celta que se baleirou desde o primeiro até o último instante para sumar unha vitoria de valor incalculable. Iago Aspas e Mario Bermejo marcaron neste primeiro triunfo con Abel Resino no banco. Pofr a Granada anotou Ighalo.
Gran posta en acción do Celta, con dúas chegadas con peligrio nos primeiros instantes e un fútbol veloz e fliuido, Aos 5 minmutos, Toño salvou en dúas ocasións remates de Augusto que apuntaban a gol. Pouco despois atrapou un centro de Orellana tras unha gran parede con Iago Aspas…
Os celestes, ambiciosos e verticais, buscaban con empeño a área dunha Granada que apenas podía saír do seu campo no tramo inicial do choque, de dominio absoluto dos locais.
Ao bordo do cuarto de hora, a Granada asentouse un tanto no partido e controlana mellor as arremetidas dos célticos, que manteníoan o empuxe inicial, pero atopaban máis dificultades para crear ocasións claras á vez que deixaban espazos atrás para as contras dos andaluces.
Aos 20 minutos, Iago Aspas lanzou alto unha falta na frontal nunha fase do partido na que habñioa maior igualdade e moi poucas chegadas. Aos 24 minutiosl golazo para os celestes. Gran xogada de Álex López, rexeite que cae a Iago Aspas e golpeo maxistral coa esquerda, moi escorado, para superar a Toño.
Tres minutos despois, sen tiermpo para nada. centro desde a banda dereita e gran volea de Ighalo á rede que Javi Varas a punto estivo de desviar. O Celta acusou o golpe e perdeu precisión e firmeza, o que aproveitou a Granada para apertar máis arriba e xerar ocasións. Ao descnso chegouse co empate.
Tras a reanduación, Nyom desbaratou unha gran contra celeste: Augusto enviou con mestría cara á Álex López, pero o lateral logrou frear ao canteirán na súa carreira cara á área.
O partido estaba máis aberto, con menor control, con ida e volta e a tensión en escalada. Os celestes fueeron centrandose aos poucos e chegando con perigo de maneira prgresiva. Os cerlestes pediron man na área aos 23 minutos tras un cabezazo de Roberto Lago.
Tras esa xogada, o partido decaeu. Creceron as imprecisións e o encontro transcorría lonxe das áreas, pero von a senmsación de que podía pasar cualqiuier cousa. E pasò a falta de dez mimutos. Centro de Augusto, Iago Aspas polonga e Mario Bermejo remata á rede.
Os celestes puideron sentenciar pouco despois cunha boa chegada de Iago e remate final de Augusto desviado. E con algunha outra, como unha de De Lucas no desconto. Ao final, vitoria vital para os célticos.
FICHA TÉCNICA
2-R.C.Celta: Javi Varas, Jonny, Cabral, Demidov (Jonathan Vila, min.73), Roberto Lago, Borja Oubiña, Álex López, Augusto, Orellana (Mario Bermejo, min.59) Krohn-Dehli (De Lucas, min,63) e Iago Aspas
1-Granada C.F.: Toño, Nyom (El Arabi, min.86), Mainz, Recio, Siqueira, Mikel Rico (Brahimi, min.83), Íñigo López, Nolito, Torje (Buonanotte, min.72), Aranda e Ighalo
Goles: 1-0, min.24; Iago Aspas; 1-1, min.27: Ighalo; 2-1, min.80: Mario Bermejo
Árbitro: Muñiz Fernández, do comité asturiano. Amonestou a Orellana, Jonny, Demidov, Recio, Nyom, Aranda
Campo: Estadio de Balaídos, 18.418 espectadores. No descanso do partido leuse un manifiesto con motivo do 150 aniversario da publicación de ‘Cantares Gallegos’, de Rosalía de Castro.