Primeiro Equipo

O primeiro equipo regresou hoxe aos adestramentos

RC Celta

Os celestes realizaron case toda a sesión no ximnasio debido ao mal tempo

 

 

Tras descansar no día de onte, o persoal do Real Club Celta reincorporouse esta mañá ao traballo nas instalacións deportivas da Madroa. Os xogadores adestraron na zona de ximnasio debido ao temporal e tan só saíron ao céspede para correr durante uns minutos ao final da sesión.

 

O conxunto céltico exercitouse coas ausencias de Ju Young Park, con permiso do club, ademais de Augusto, Túñez, Krohn-Dehli e Orellana, que continúan concentrados coas súas seleccións nacionais e que mañá martes xogarán partidos clasificatorios para o Mundial 2014. O internacional noruegués Vadim Demidov xa se incorporou á disciplina celeste tras cumprir cos seus compromisos internacionais.

 

No capítulo de lesionados, o centrocampista Natxo Insa recibiu a alta médica e adestrado con normalidade. Quique De Lucas adestrou á marxe debida a unha escordadura de nocello, do mesmo xeito que Álex López, ao que se lle realizará unha ecografía mañá para confirmar a boa evolución da súa lesión.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas