Primeiro Equipo

O fútbol non foi xusto co Celta: empate ante o Granada

RC Celta

Celta-Granada_1-1.jpg

Os celestes xeraron ocasións e fabricaron xogo para golear. Rafinha anotou o tanto céltico

 

O Celta sumou un punto ante o Granada nun partido no que fixo ocasións e fabricou xogo para golear. Os celestrs adiantáronse cun gol de Rafinha e o cadro rival empatou na segunda metade na súa única chegada. O pau privou aos célticos de marcar até dúas veces.

 

O Celta dominou con claridade os primeiros minutos de xogo, cun par de boas chegadas e un control absoluto da posesión. O Granada esperaba atrás, sen apenas entrar en contacto co coiro. Roberto sacou aos pés de Rafinha a primeira aproximación con gran perigo dos célticos ao seis minutos de xogo.

 

O encontro alcanzou o cuarto de hora cun Celta que mantiña o seu dominio, pero que non acababa de atopar espazos na poboada defensa granadina.

 

Álex López probou desde a frontal aos 18 minutos e Roberto logrou desviar o coiro. Os vigueses probaron tamén con algúns centros laterais desde a banda esquerda sen rematador claro. Ao Celta custáballe superar as liñas dun rival metido no seu campo á espera de roubar para saír á contra.

 

A barreira granadina caeu aos 29 minutos. O Celta insistiu prol a banda dereita con varias acometidas e ao final Rafinha atopou un pase de Augusto para lanzar á rede. Máis que merecido o tanto celeste polo seu absoluto dominio e o seu firme empeño en buscar a área rival.

 

A seguinte chegada, unha veloz contra aos 33 minutos, acabou no pau. Charles habilito a Álex e o disparo do canteirán foi repelido pola madeira. Infortunio para os célticos. No tramo final, o conxunto de Luís Enrique mantivo a iniciativa, con boas chegadas por ambas as bandas.

 

Tras a continuación, a Granada deu un paso adiante nos instantes iniciais, pero foi o Celta o que chegou con claridade. Aos dous minutos, boa combinación ofensiva, pase atrás e remate alto de Álex López na interior da área.

 

Charles, no punto de penalti tamén lanzou alto tras un gran pase de Augusto. Gran ocasión para un Celta espléndido na construción de xogo. O brasileiro cabeceou lixeiramente alto pouco despois, aos 8 minutos un centro medido de Augusto. Nova chegada clara para un Celta que xerara ocasións para ampliar a súa vantaxe.

 

Aos 13 minutos, outra gran xogada. Pase perfecto de Hugo Mallo a Charles e o remate do ariete rozou o pau esquerdo dun batido Roberto. E Aos 16 minutos, primeira chegada do Granada, á contra, e remate de Piti á rede. Pau para os celestes, que perdoaran e estaban a ser moi superiores a un rival que non fixera practicamente nada.

 

E o pau volveu toparse no camiño do Celta. Gran disparo de Álex López coa dereita e a madeira evitou de novo o tanto celeste.

 

Os vigueses insistiron, co tempo voando. Non lograban superar nin o infortunio nin a férrea defensa rival. O conxunto vigués había merecido unha vantaxe folgada, pero chegou aos instantes finais con empate. Non puido ser e o Celta non logrou a súa primeira vitoria en casa a pesar da súa superioridade.

 

FICHA TÉCNICA

 

1-R.C.Celta: Yoel, Hugo Mallo, David Costas, Aurtenetxe, Toni, Fontás, Álex López, Rafinha (Krohn-Dehli, min.61), Augusto (Madinda, min.86), Nolito (David, min.91) e Charles

 

1-Granada C.F.: Roberto, Nyom, Mainz, Diakhate, Bryan Angulo, Fran Rico, Iturra, Piti (Yebda, min.74), Brahimi (Álvaro, min.71), Dani Benítez (Buonanotte, min.54) e Riki

 

Goles: 1-0, min.29: Rafinha; 1-1, min.61: Piti

 

Árbitro: Martínez Munuera, do comité valencián. Amonestou a Fontás, Dani Benítez

 

Campo: Estadio de Balaídos, 20.457 espectadores. Antes do comezo do partido gardouse un minuto de silencio na memoria do ex xogador do Real Club Celta Tomeu Salas, recentemente falecido  


Fotografía: Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas