Primeiro Equipo

Emotiva homenaxe ás vítimas de Angrois e a quenes socorreron aos afectados

RC Celta

MG_8296WEB.jpg

Celta, Compostela e seareiros uníronse nun acto no que o resultado foi o menos importante (0-0)

 

SD Compostela e RC Celta déronse cita no Estadio Multiusos de San Lázaro, en Santiago de Compostela, para render unha sentida homenaxe ás vítimas do tráxico accidente ferroviario de Angrois e aos cidadáns e profesionais que socorreron aos accidentados. Tras unha ofrenda floral no centro do campo e un emotivo minuto de silencio dos 10.000 asistentes ao encontro, o árbitro indicou o inicio do partido.

 

O primeiro tempo ofreceu un espectáculo cargado de ocasións no que o Celta se mostrou moi activo e superior ao conxunto local. O aluvión de ofensivas celestes chegou transcorridos dez minutos. A imprecisión no remate evitou que David Rodríguez ou o xogadores do filial Aitor e Javi Rey adiantasen aos celestes no marcador.

 

Ao gran labor ofensivo destes xogadores uniuse Rafinha, que cobrou un gran protagonismo sobre o terreo de xogo mediado o primeiro tempo. O centrocampista brasileiro deixou detalles de calidade, asistencias e oportunidades para anotar. No minuto 23 Rafinha revolveuse ao bordo da área compostelá e asistiu a Javi Rey, que non chegou a tempo para rematar.

 

Pero sen dúbida a occasion máis clara chegou no minuto 32. Pase da morte executado por Orellana ao que chegaron David Rodríguez e Cabral para rematar sós na área pequena. O porteiro do Compostela, Lorenzo, estivo moi acertado para atrapar o esférico e evitar o que parecía un gol seguro.

 

O equipo local espertou nos últimos minutos da primeira parte. Nacho puido adiantar aos santiagueses no minuto 35, pero o seu remate de socato despexouno Sergio nun alarde de reflexos. Pouco despois Fran Pastor probou ao cérbero celeste cun potente centro-chute que o de Catoira atrapou en dous tempos. O primeiros corenta e cinco minutos despedíronse cunha fermosa xogada persoal de Rafinha, que regateou a tres xogadores na área pero que no duelo ante Lorenzo non puido rematar pola boa anticipación do guardarredes.

 

A segunda parte comezou con moita máis igualdade entre ambos os equipos e cun único cambio no cadro olívico: Aitor García foi sustituído por Marcos Torres, tamén do filial. O atacante céltico pisou o area nada máis empezar, cun disparo cruzado que a zaga compostelá despexou sobre a liña de gol.

 

Co paso dos minutos os de Luís Enrique recuperaron a posesión do esférico e o dominio do encontro, aínda que o ritmo de xogo descendeu notablemente. O técnico asturiano deu entrada no minuto 65 a Nolito, Charles, Aurtenetxe e aos canteiráns Soto, David Costas e Goldar. Os cambios refrescaron ao equipo celeste, pero a igualdade mantíñase e as ocasións de gol escaseaban. No minuto 74, tras un saque de falta e un cabeceo de Charles, Aurtenetxe rematou de cabeza na área pequena, totalmente só. O defensa vasco non definiu ben e o balón acabou en saque de porta.

 

Tras un par de achegamentos do Compostela e un disparo demasiado alto de Rafinha o partido chegou ao seu fin. O Estadio Municipal de San Lázaro despediu cunha gran ovación esta especial homenaxe ás vítimas de Angrois e a quen atenderon aos accidentados.

 

FICHA TÉCNICA

 

0-SD COMPOSTELA: Lorenzo, Catú, Mateo, Castiñeiras, Germán, Gonzalo, Fran Pastor, Julen, Nacho, Jacobo y Joselu. También jugaron: Peláez, Jordan, Taboada, Yahvé e o porteiro xuvenil Marcos

 

0-RC CELTA: Sergio, Jonny, Vila, Cabral, Bellvís, Oubiña, Javi Rey, Rafinha, Aitor, David Rodríguez y Orellana. También jugaron: Marcos Torres, Soto, David Costas, Goldar, Aurtenetxe, Nolito e Charles

 

 

Campo: Multiusos de San Lázaro (uns 10.000 espectadores. Antes do encontro realizouse unha ofrenda floral e gardouse un minuto de silencio en recordo das vítimas do accidente ferroviario de Angrois)

 

 

Fotografía: SD Compostela

 

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas