O central, que procede do PAOK griego, xogará cedido en Vigo ata final da presente tempada
O defensa central Íñigo López converteuse no primeiro reforzo do Real Club Celta no mercado invernal. O futbolista rioxano, que chega cedido polo PAOK da liga grega, formará parte do plantel céltico ata o final da presente tempada.
Íñigo López (Logroño, 1982) comezou a súa carreira futbolística no CD Logroñés para despois pasar polo Las Rozas CF e o filial do Atlético de Madrid. Tras unha tempada na UD San Sebastián de los Reyes, Íñigo López asinou no verán de 2007 pola AD Alcorcón, club no que se converteu nun dos referentes para a afección e co que conseguiu o ascenso á Segunda División na tempada 2009-2010.
O seu bo papel no conxunto madrileño levoulle ao Granada CF, onde alcanzou o ascenso a Primeira División na súa primeira tempada. No equipo andaluz disputou 91 partidos en tres campañas, as dúas últimas na máxima categoría do fútbol español, nas que anotou 8 goles.
Íñigo López chega cedido ata final de tempada polo PAOK grego, club no que recalou o pasado mes de xuño.
Fotografía: paok.gr