Primeiro Equipo

Triunfos e empates nos compromisos dos internacionais celestes

RC Celta

celta-mundo.jpg

Radoja, Sergi Gómez, Jonny, Madinda, Krohn e Tucu Hdez. seguen concentrados coas súas seleccións

 

Fin de semana de compromisos internacionais no fútbol mundial. Os futbolistas célticos Radoja, Sergi Gómez, Jonny, Madinda, Krohn-Dehli e Tucu Hernández tiveron distinta participación nas súas respectivas seleccións nacionais, aínda que cun denominador común: ningún deles coñeceu a derrota.

 

O pasado venres a cidade serbia de Jagodina acolleu un duelo ‘fraticida’. Sergi Gómez e Jonny atopáronse co tamén celeste Radoja no partido de ida da eliminatoria Serbia-España, decisiva para a clasificación á próxima Eurocopa Sub-21. Gómez foi titular e xogou de principio a fin, do mesmo xeito que o centrocampista serbio do RC Celta, mentres que Jonny mantívose no banco da Selección Española. O encontro finalizou cun empate sen goles que aumenta a transcendencia do partido de volta, un emocionante choque que terá lugar este martes en Cádiz.

 

Tamén foi titular o danés Krohn-Dehli no empate de Dinamarca ante a esixente Albania (1-1). O centrocampista céltico completou todo o partido sobre o terreo de xogo do estadio albanés de Ruzhdi Bizhuta, en Elbasan, un encontro clasificatorio para a Eurocopa 2016, do mesmo xeito que o que o combinado nacional nórdico afrontará este martes ante Portugal en Copenhague.

 

Maior fortuna tivo a selección nacional de Gabón, na que o canteirán Levy Madinda continúa gañando peso. As panteras venceron en casa a Burkina Faso (2-0), con Madinda no once inicial, e xogarán este mércores no país burkinés, ambos os partidos puntuables para a fase clasificatoria da Copa África 2015.

 

Pablo Hernández, convocado con Chile, viviu o triunfo da súa selección sobre Perú (3-0) desde o banco. O ‘Tucu’ agardará unha oportunidade no seguinte amigable, ante Bolivia, que se celebra este martes.

 


  

KROHN-DEHLI (DINAMARCA)

Albania-Dinamarca (1-1) | Dinamarca-Portugal (14/10/14) – Clasificatorios Eurocopa 2016

 

MADINDA (GABÓN)

Gabón-Burkina Faso (2-0) | Burkina Faso-Gabón (15/10/14) – Clasificatorios Copa África 2015

 

PABLO HERNÁNDEZ (CHILE)

Chile-Perú (3-0) | Chile-Bolivia (14/10/14) – Amistosos

 

SERGI GÓMEZ, JONNY (ESPAÑA) E RADOJA (SERBIA)

Serbia-España (0-0) | España-Serbia (14/10/14) – Clasificatorio Eurocopa Sub-21 2015

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas