Emre Mor, novo xogador do RC Celta, xa sabe que dorsal levará na súa camiseta esta tempada. O internacional turco portará o número 21 na súa elástica.
Atacante polivalente, Emre Mor acaba de cumprir 20 anos. É zurdo pero desenvólvese en toda a fronte do ataque, aínda que onde actuou con maior asiduidade é na banda dereita. O novo futbolista destaca pola súa enorme habilidade no un contra un e a súa gran velocidade, que lle outorgan unha impresionante capacidade de desborde, así como a súa facilidade para filtrar pases entre liñas.
Emre Mor será presentado en Balaídos unha vez finalice os seus compromisos internacionais coa Selección de Turquía.