Celtismo

Xa podes renovar o teu carné online con ABANCA aínda que non sexas cliente

RC Celta

Os abonados do RC Celta xa poden renovar o seu carné a través de ABANCA, mesmo sen ser clientes da entidade bancaria. Desde este xoves, a plataforma de pago do banco galego permite tramitar a renovación do abono céltico de maneira áxil e sinxela: tan só é necesario entrar AQUÍ,

introducir os datos recolleitos no recibo que cada abonado recibiu no seu domicilio (emisora, modo, referencia, identificación e importe) e proceder ao pago con cartón de crédito.

Ademais, os abonados que sexan clientes de ABANCA tamén poden xestionar a renovación do seu carné a través da app Banca Móbil da entidade, dispoñible para Android, iPhone, Blackberry e Windows Phone. Tamén continúa habilitada a opción de renovar en calquera caixeiro automático de ABANCA utilizando os datos do recibo, un trámite que non leva máis de dous minutos.

O RC Celta lembra a todos os afeccionados con incidencias, dúbidas ou suxestións que poden porse en contacto co club a través da web www.escoitamos.rccelta.es, servizo de atención que se compromete a dar resposta a todos os casos nun prazo máximo de tres días hábiles.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas