ESCUDO-1300x400-02
Fundación

O golfista Santiago Tarrío, sexto ponente do curso D.O. Celta

RC Celta

A VI Edición do Curso Denominación de Orixe Celta retomou o luns día 15 de novembro a súa actividade no Salón Rexio da Sede coa sexta xornada protagonizada polo golfista Santiago Tarrío. En formato entrevista dirixida polo psicólogo deportivo Joaquín Dosil, o golfista galego estivo acompañado pola seu caddie, Noelia García.

Santiago Tarrío, mozo santiagués que decide dedicarse de maneira profesional á súa gran paixón desde a infancia no ano 2016, actualmente é un dos mellores golfistas do panorama español, alcanzando en moi pouco tempo unha gran Clasificación Nacional e competindo de maneira internacional con moi bos resultados. Exemplos recentes diso na presente tempada 2021, son as súas vitorias en dous eventos do Challenge Tour e un terceiro posto no Hero Open do European Tour.

O deportista galego, gran seguidor e afeccionado do RC Celta, en diferentes bloques dirixidos de maneira excepcional por Joaquín Dosil, deunos a coñecer as reviravoltas dun deporte tan descoñecido e complicado como é o golf.

Comezando coa súa traxectoria deportiva, a estrutura e organización actual do golf a nivel nacional e internacional, os diferentes niveis e categorías, así como a composición do seu equipo de traballo nun deporte predominantemente individual, tan importante e esencial na carreira de Santiago Tarrío. A charla, nun ambiente distendido e relaxado, e con gran participación do público asistente, en relación coa preparación e planificación, continuou coa carga e esixencia mental que ten que soportar un golfista durante a competición, a xestión da presión, a tensión e a ansiedade, ademais das diferentes ferramentas e estratexias de mellora da atención e concentración.

Gran xornada vivida no día de onte, que nos permite relacionar dous deportes tan diferentes como o fútbol e o golf, pero con tantos vínculos e aspectos en común.

Desde o RC Celta e a Fundación Celta, agradecer a Santiago Tarrío e equipo a súa presenza na VI edición do Curso Denominación de Orixe Celta, deséxalle todos os éxitos e mellores resultados posibles.

O vindeiro luns día 22 de novembro o sétimo relator será Marco Rocha, director de Comunicación e Contidos do RC Celta.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas