Vén ao Celta-Granada con ata 3 nenos gratis en Tribuna Baixa Córner!

Nova promoción de entradas dirixida ao celtismo! Queres vir en familia ao Celta-Granada? Aproveita esta promoción e faite cun desconto que che permitirá acceder con ata 3 nenos/as gratis (ata 14 anos de idade) á bancada de Tribuna Baixa Córner. Esta oferta xa está dispoñible en exclusiva na billeteira online. Queres saber como acceder a … Continuación

Toda a información que necesitas saber se asistes ao Celta – Cádiz

Abanca Balaídos acollerá este luns 4 de decembro, ás 21 h, o encontro que enfronta nesta décimo quinta xornada da liga EA Sports ao RC Celta contra o Cádiz. Para todos os celtistas que acudan ao estadio para apoiar ao equipo, aquí facilitámosvos información que pode ser de interese: Apertura de portas: As portas do … Continuación

Á venda as entradas para o Celta – Betis

Non hai mellor forma de empezar o 2024 que cun partido en Abanca Balaídos. O RC Celta inicia o ano acollendo ao Real Betis Balompé o 03 de xaneiro ás 19:15 horas. Se queres animar ao equipo desde o campo, a partir de hoxe mesmo xa podes conseguir a túa entrada AQUÍ desde 15 euros. … Continuación

Jørgen S. Larsen, gañador do premio Estrella Galicia ao mellor xogador celeste de outubro

Jørgen Strand Larsen foi galardoado co Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do mes de outubro, obtendo a maioría dos votos por parte da afección celeste e superando na fase final a Jonathan Bamba e Carl Starfelt. O bo rendemento do ariete noruegués ao longo dos 349 minutos que disputou no mes de outubro e … Continuación

INSIDE 23/24 #16 📺 O REGRESO de Rafa Benítez a Valencia 🔙🦇 RC Celta

Descobre o emocionante regreso de Rafa Benítez a Valencia no episodio 16 de Inside RC Celta. Mergúllache na nostalxia da súa exitosa etapa no club ché coas declaracións afectuosas da afección valencianista e acompaña aos celtistas en Mestalla. Ademais, recibimos un agasallo moi especial ao Museo RC Celta co protagonista desta memorable doazón.

Iago Aspas doa unha das súas maiores reliquias a LEGENDS

LEGENDS, The Home of Football presented by LALIGA, contará na súa colección cunha reliquia de Iago Aspas, histórico xogador do RC Celta. Trátase das botas que o futbolista luciu durante os primeiros partidos da tempada na que o club cumpre 100 anos de vida. Estarán expostas na área que o museo LEGENDS ten reservada para … Continuación

O Black Friday chega ata as entradas do RC Celta – Cádiz Cf

O Black Friday do RC Celta non coñece límites e chega ata as entradas de Abanca Balaídos. Ademais das ofertas na tenda oficial do RC Celta, xa podes gozar de descontos especiais nas entradas do próximo partido dos celestes en casa. Se queres asistir ao RC Celta - Cádiz CF do 04 de decembro de … Continuación

Xa á venda as entradas para a segunda rolda de Copa

O partido correspondente á segunda rolda de Copa do Rey 23/24 que enfrenará ao RC Celta co Sestao River xa ten as súas entradas á venda no portal de abonados. Se queres animar aos celestes desde Las Llanas o xoves 07 de decembro de 2023 podes adquirir AQUÍ a túa entrada desde hoxe mesmo ata … Continuación

O RC Celta continúa coa súa estratexia dixital chegando aos 5 millóns en TikTok

Tras o posicionamento do RC Celta como un dos equipos de fútbol con maior masa social en redes segundo o informe de CIES Football Observatory, a estratexia dixital do conxunto celeste segue dando os seus froitos. Este mes de novembro de 2023 os vigueses alcanzaron os 5 millóns de seguidores na plataforma TikTok, sendo así … Continuación

Á venda as entradas para o Valencia CF – RC Celta

Para o encontro do RC Celta como visitante contra o Valencia CF, o vindeiro sábado 25 de novembro ás 16:15 h, todos os abonados que queiran acompañar ao equipo xa poderán facerse coas entradas, desde agora ata o luns 20 de novembro ás 23:45 h a través da páxina web do RC Celta, no portal de … Continuación