Mestre_Mateo_16x9
Celtismo

“Oliveira dos Cen Anos”, Premio Mestre Mateo 2024

RC Celta

“Oliveira dos Cen Anos”, o videoclip do himno do noso Centenario, galardoada co premio Mestre Mateo 2024 nesta XXII edición que se celebrou este sábado no Coliseum da Coruña. Gael García, coordinador do centenario, recalcou durante o acto que “se esta obra axudou a que a rapazada descobra a beleza da nosa lingua, se abra á nosa cultura, se sinta orgullosa e conecte coas nosas raíces, será unha das vitorias máis importantes“. Un recoñecemento ás nosas raíces, á nosa tradición, os nosos 100 anos de Afouteza e Corazón. E o máis valioso, un recoñecemento para todo o celtismo.

O videoclip oficial, que xa conta con 3,6 millóns de reproducións desde a súa publicación na plataforma de Youtube, segue cultivando éxitos esta vez na gala do audiovisual máis importante de Galicia. Producido por RC Celta, C. Tangana e Little Spain, compartía nomeamento na categoría de Mellor Videoclip con “Ruando” de Mondra, “Fai tempo” de The Rapants e “A pequena morte” de Caamaño e Ameixeiras.

Os Mestre Mateo son uns galardóns que outorga anualmente a Academia Galega do Audiovisual e premian a excelencia das producións audiovisuais de Galicia. O nome dos devanditos galardóns vén de o Mestre Mateo, realizador da maior parte do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Centenario Novas club

Noticias recomendadas