Fútbol de Salón | Episodio 2: Jorge Valdano

Unha lenda do fútbol mundial, campión do mundo con Arxentina. Jorge Valdano fixo as delicias dos asistentes á segunda charla de adestradores do ciclo "Fútbol de Salón" que a Fundación Celta organiza en A Sede. Tras a súa xenial conferencia, o ex internacional arxentino atendeu ás cámaras de Celta Media.

Vicente del Bosque ofrece a súa visión sobre o fútbol este xoves no Salón Rexio de A Sede

Este xoves os afeccionados do RC Celta poderán gozar dun invitado de luxo no ciclo de charlas 'Fútbol de Salón' organizado polo club celeste e a Fundación. Vicente del Bosque, exseleccionador nacional e campión dunha Eurocopa e un Mundial entre outros moitísimos títulos, disertará no Salón Rexio da Sede sobre o fútbol actual e como … Continuación

‘Ano novo, liga nova’: Celta-Osasuna, partido clave con entradas gratis para abonados e bufandas para os nenos

RC Celta-CA Osasuna: partido clave, vital a nivel deportivo e anímico. Un encontro que serve de saúdo ao ano 2020, no que debe arraigar na mente do equipo e da afección unha expresión popular: borrón e conta nova. Atrás debe quedar, totalmente enterrado, un ano 2019 amargo para recibir o 2020 con esperanzas e ilusións … Continuación

O RC Celta celebra a primeira edición de ‘A Previa’ en A Sede en vésperas de Ano Novo

Despídese un 2019 amargo e chega un novo ano cargado de esperanzas e ilusións no que o RC Celta, da man da súa afección, debe mellorar e repuntar. Para dicir adeus, por fin, a 2019 e recibir unidos o ano novo, o RC Celta organiza por primeira vez un evento festivo que terá lugar en … Continuación

Aprazado o Celta B – RM Castilla deste sábado por mor da alerta meteorolóxica

A Federación Española de Fútbol acordou esta tarde aprazar o partido de Segunda División B previsto para este sábado ás 15.45 horas en Barreiro entre Celta B e Real Madrid Castilla dada a situación de alerta meteorolóxica que se está vivindo en Galicia.

O RC Celta entra no mundo dos e-Sports e formará parte da eLaLiga Santander

O Real Club Celta dá un novo paso na súa constante evolución e procura de oportunidades. O club vigués entra no mundo dos e-Sports coa súa inscrición na próxima tempada da eLaLiga Santander, a competición oficial de EA Sports FIFA 20 Global Series en España na que participarán 33 clubs de Primeira e Segunda División. … Continuación

O RC Celta recibe o agarimo e os sorrisos dos nenos ingresados no Álvaro Cunqueiro

RC Celta e Fundación gozaron este venres dun dos momentos máis especiais e emotivos do ano: a visita aos nenos ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro. Os xogadores do primeiro plantel, o corpo técnico, o presidente Carlos Mouriño e varios directivos do club compartiron anécdotas, sorrisos, fotografías e autógrafos cos máis pequenos que se atopan na … Continuación

Minuto de silencio antes do encontro ante o RCD Mallorca

Antes do partido de LaLiga ante o RCD Mallorca, este domingo 15 de decembro ás 14:00 horas en ABANCA Balaídos, gardarase un minuto de silencio en memoria do mozo celtista e abonado do club, Miguel, de tan só 15 anos de idade e que faleceu súbitamente a semana pasada. Descanse en paz.

O luns comeza a campaña de abonados anuais do RC Celta

O RC Celta pon en marcha o día 16 do presente mes de decembro a campaña de abonados anuais que, como durante o pasado verán, conxela prezos para potenciar o mellor activo do club: a unión de equipo e afección. Para seguir pertencendo á familia celeste, os abonados poderán renovar o seu carné a partir … Continuación

Consternación e pesar no RC Celta pola morte do mozo celtista Miguel

Profundo pesar no RC Celta polo falecemento dun novo membro da familia celeste. Miguel, celtista de tan só quince anos de idade que non faltaba a unha cita en Balaídos e Barreiro, faleceu súbitamente o pasado sábado. Desde o RC Celta desexamos enviar á súa familia nosas máximas condolencias e todo o agarimo, forza e … Continuación