96 anos de afouteza: o RC Celta avanza con canteira, ilusión e firmeza cara ao seu centenario

Foi unha tarde de agosto de 1923. O RC Celta nacía tal día como hoxe de hai 96 anos, unha xornada histórica na que Real Fortuna e Sporting Vigo uniron as súas forzas para crear un club chamado a representar non só á cidade, senón a tódolos galegos. Foron 96 anos nos que o club … Continuación

O RC Celta agradece á súa afección o seu apoio e exemplar comportamento no primeiro partido de Liga

O RC Celta quere expresar o seu agradecemento á afección polo seu apoio e o seu exquisito comportamento no partido inaugural da presente tempada, disputado o pasado sábado ante o Real Madrid. O estadio de Abanca Balaídos rexistrou a mellor entrada no últimos catro anos con 23.566 espectadores, un dato que avala a gran ilusión … Continuación

Minuto de silencio antes do partido ante o Valencia

Antes do partido de LaLiga ante a Valencia CF, este sábado 24 de agosto ás 21:00 horas en ABANCA Balaídos, gardarase un minuto de silencio en memoria de Pedro González Carnero "Pedrito", xogador do equipo celeste entre 1965 e 1973 e adestrador do primeiro equipo en 1978, e Pablo Vaquero, abonado número 3 de o  … Continuación

Orange, Google e o RC Celta celebran o inicio da Liga coa afección de Abanca Balaídos

Para celebrar o comezo da tempada de LaLiga Santander 2019-2020, que Orange volve emitir na súa totalidade na súa plataforma de televisión, a operadora uniuse a Google e ao Real Club Celta para celebrar cos afeccionados este novo ano futbolístico durante o encontro que enfrontará ao club galego co Real Madrid no Estadio Abanca Balaídos. … Continuación

Esgotadas as entradas para o RC Celta – Real Madrid

O primeiro partido de LaLiga ante o Real Madrid que se celebrará o vindeiro sábado no estadio Abanca Balaídos xerou unha gran expectación e as billeteiras xa colgaron o cartel de 'non hai billetes' para todas as bancadas. Este esixente encontro requirirá unha vez máis do incansable alento da afección celeste, clave no rexurdir do … Continuación

“Xuntos somos mellores, máis fortes”. O primeiro equipo e a canteira preséntanse ante o celtismo

O RC Celta 2019/20 presentouse ante o celtismo nos prolegómenos do XXIV Memorial Quinocho, que este ano contou coa SS Lazio como rival invitado. Antes do comezo do partido, o persoal ao completo e o corpo técnico desfilaron sobre o céspede de Abanca Balaídos. "Imos defender este escudo como se merece", arengó o capitán Hugo … Continuación

Á venda este venres as entradas para o RC Celta – Real Madrid

Este venres 9 de agosto a partir das 13.00 horas saen á venda de maneira online en tickets.rccelta.es as entradas para o encontro da primeira xornada de LaLiga ante o Real Madrid que se disputará o sábado 17 de agosto a partir das 17.00 horas. Ademais, desde o día 12 de agosto tamén se poderán … Continuación

Gran éxito de “Isto vai de corazón”: a familia celeste crece para arroupar ao RC Celta nunha ilusionante tempada

A ilusión que xerou o proxecto para a tempada 2019/2020, con dez canteiráns no primeiro equipo e varias incorporacións de gran nivel, propiciou un notable incremento da familia celeste nunha nova campaña de abonados con condicións vantaxosas tanto para as renovacións como para as altas. A día de hoxe, o RC Celta ten xa 800 … Continuación

O Concello pecha as Bancadas de Río Alto e Baixo ata o día 17 e frustra as xornadas de portas abertas para os abonados celestes

O RC Celta vese obrigado a suspender a xornada de portas abertas programada para os días 8 e 9 deste mes co obxectivo de que os abonados de Río Baixo puidesen comprobar a comodidade e situación dos seus asentos tras a incorrecta e unilateral actuación realizada polo Concello de Vigo. Esta entidade, lonxe de actuar … Continuación

Río Baixo: información para os abonados

Ante as numerosas dúbidas e queixas que o RC Celta está a recibir pola reforma da Bancada de Río Baixo realizada polo Concello de Vigo, o club quere comunicar aos abonados da mencionada bancada que adoptará diversas medidas encamiñadas a aclarar a situación e ofrecer as solucións ao seu alcance. Aínda á espera de que … Continuación