Loito no RC Celta polo falecemento da nai do conselleiro Primitivo Ferro

Xornada de loito na familia celeste polo falecemento nas últimas horas de Josefa Rivadulla Ruibal, nai do conselleiro do RC Celta Primitivo Ferro. O club quere expresar o seu pesar e consternación por esta perda e enviarlle o séu máis sincero pésame, agarimo e ánimo a Primitivo Ferro, familia e achegados. DEP.

Comunicado do RC Celta

O RC Celta desexa expresar os seus máis sinceras desculpas á afección celeste pola suspensión da retransmisión do partido ante o Southampton, na canle de YouTube do club. Cuestións técnicas insalvables imposibilitaron recuperar a emisión do encontro. O RC Celta traballará para evitar situacións similares no futuro.

O RC Celta pecha un acordo con bet365, nova casa de apostas oficial do club

O RC Celta dispón dunha nova casa de apostas oficial tras o acordo alcanzado con bet365, que desta maneira inicia unha estreita colaboración co club que se desenvolverá principalmente a través de soportes televisivos e dixitais e experiencias vip no Estadio Abanca Balaidos. Este acordo con bet365 foi posible grazas ao crecemento e expansión do … Continuación

3.000 abonados por renovar a dous días para finalizar as condicións especiais

A campaña de abonados do RC Celta para a ilusionante tempada 2018/19 avanza cara ao final da súa primeira fase, a que permite renovar ou darse de alta cunhas condicións especiais. Este venres 20 de xullo será o último día para aproveitar un 5% de desconto (acumulable a outros ata un 15%) e a exención … Continuación

A concentración celeste en A Toxa abriu as súas portas a patrocinadores e medios

O RC Celta organizou este mércores unha xornada de portas abertas para medios de comunicación e patrocinadores do club no hotel de concentración do equipo en A Toxa, o Hotel Eurostars Isla de La Toja. Os principais socios comerciais da entidade céltica, tiveron a oportunidade de vivir unha xornada diferente na illa grovense e compartir … Continuación

Irisarri-Piñera presentou o proxecto da cidade deportiva celeste en Mos

«É o proxecto das nosas vidas». Así definiu a futura cidade deportiva do RC Celta Jesús Irisarri -un dos arquitectos de Irisarri-Piñera, estudo gañador do concurso para realizar as novas instalacións deportivas celestes- durante a presentación do proxecto realizada este venres no Concello de Mos. O presidente céltico Carlos Mouriño e o vicepresidente Ricardo Barros … Continuación

O celtismo descobre o novo autobús do RC Celta nas rúas de Vigo

A contorna de A Laxe e o Náutico de Vigo encheuse de celtismo este martes coa posta de longo do novo autobús do RC Celta para a tempada 2018/19. Xogadores e afección tiveron a oportunidade de descubrir por fóra e por dentro o novo vehículo, que ofrece unhas prestacións moi superiores ao anterior modelo que … Continuación

O RC Celta ábrelle este martes á afección as portas do seu novo autobús

O RC Celta estrea autobús na tempada 2018/2019 e organizou unha posta de longo especial para que todos os afeccionados poidan coñecelo dun xeito diferente e entretido. O novo autobús, que estará situado entre as 19.00 e 21.00 horas na explanada existente entre o entre Centro Comercial A Laxe e o edificio de venda de … Continuación

Loito na familia celeste polo falecemento de Carlos Bermúdez, director de Celta TV

Pesar, tristeza e consternación na familia celeste polo falecemento nas últimas horas de Carlos Bermúdez, director de Celta TV, a que fose televisión do club durante catro tempadas. O RC Celta quere transmitirlles á súa familia e amigos o seu máis sentido pésame por esta terrible perda que tanta conmoción causou no celtismo polo enorme … Continuación

A rexeneración do céspede de Abanca-Balaídos avanza a bo ritmo

A rexeneración do terreo de xogo de Abanca-Balaídos iniciada hai pouco máis dun mes, un proceso habitual na maioría de clubs ao termo da tempada e que permite combater o desenvolvemento da maleza común poa annua, avanza a bo ritmo. O proceso de substitución, que tamén permitirá favorecer o sistema de drenaxe do campo, comezou a finais … Continuación